IMANOL AGUIRRE ARRIAGA
Título da conferencia: A arte como experiencia e oportunidade educativa.
Doutor pola Universidade do País Vasco. Dirixiu varios proxectos de investigación nacionais e internacionais, o último deles "A formación en artes visuais nas institucións sociais e culturais da cidade de Montevideo", financiado por AECI.
Autor de varias publicacións especializadas, como o libro Teorías y prácticas en educación artística. ou o artigo Beyond the understanding of visual culture: A pragmatist approach to Aesthetic Education. Actualmente é profesor de educación artística na Universidade Pública de Navarra.
ECOSISTEMAURBANO
É un equipo de arquitectos e enxeñeiros integrado por profesores da Escola de Arquitectura de Madrid que centra o seu traballo na investigación e no deseño ecolóxico de novos proxectos arquitectónicos, entendendo o desenvolvemento sustentable como fonte de innovación e entusiasmo.
Desde o ano 2000, recibiron máis de 20 premios en concursos de ideas arquitectónicas nacionais e internacionais como o European Acknowledgement Award (2005) ou o Ecology and Sustainability Research Cluster (2007). Son finalistas para o premio europeo Mies Van Der Rohe Award “Arquitecto Emerxente” e foron elixidos para exporen no pavillón español da Expo Zaragoza 2008.
As súas últimas obras en construción son a segunda fase do proxecto do EcoBulevar de Vallecas en Madrid, proxecto piloto de revitalización bioclimática dun espazo público ademais de dirixiren as obras do Museo de Meteoroloxía no Parque del Buen Retiro de Madrid.
Mª TERESA TORRES PEREIRA DE EÇA
Título da conferencia: Educación Artística en Portugal: entre a tradición e a ruptura.
Doutora pola Universidade de Surrey (UK), profesora na Escola Secundária Alves Martins (Viseu, Portugal), investigadora do Núcleo
de Educación Cultura e Artes Aplicadas/CIEP- Universidade de Évora, Vicepresidenta da Associação de Professores de Expressão e Comunicação Visual (APECV), membro do Consello Mundial da International Society for Education Through Art (InSEA).
MÓNICA ALONSO
Título da conferencia: Artista con vocación de terapeuta
Doutora en Belas Artes pola Universidade de Vigo. Vive e traballa en Lugo, aínda que nos últimos anos residiu temporalmente en Nova York e Roma, becada polas prestixiosas bolsas de Unión Fenosa e Endesa, a Fundación Yaddo Nova York e Academia de España en Roma.
No 2002 o CGAC adícalle unha exposición individual que a sitúa dentro dos artistas novos máis destacados. A súa primeira exposición individual foi en 1997 (Sala Montcada, Barcelona). A partir deste momento está presente nos eventos máis destacados da arte galega, Bienal de Arte de Pontevedra, MARCO, Centro Torrente Ballester, Caja Madrid, Caixa Galicia, galería SCQ.
O seu traballo actual céntrase nas grandes instalacións como a realizada no Museo de Arte Contemporánea de Valdivia, Chile (2004).
A proximidade que o traballo de Mónica Alonso ten coa arquitectura queda patente nas súas colaboracións con arquitectos. Participa na 8 Mostra Internacional de Arquitectura da Bienal de Venecia, expón co equipo Metápolis para a arquitectura avanzada e participa en proxectos museográficos.
VICENT POUSSOU
Título da conferencia: A arte no corazón da vida: tres encontros entre institucións culturais parisienses e realidades sociais.
Resumo: Mentres o centro Pompidou realizaba o proxecto do artista Thomas Hirschorn: un museo precario nun suburbio, o parque de La Villette desenvolvía os Encontros Urbanos: reunión arredor do hip-hop de expresións artísticas xurdidas en situacións de illamento e de precariedade e en paralelo a mesma institución propuña exposicións como: Como anda o amor? ou Musulmás, musulmáns, no Cairo, Istambul, Teherán, Dakar e París. A partir destes exemplos, serán examinadas distintas modalidades dun contacto máis íntimo entre arte e sociedade.
Desde hai máis de 20 anos Vincent Poussou está comprometido coa renovación das relacións entre a cultura e o seu público. Inicialmente a partir do coñecemento adquirido coas enquisas cualitativas e cuantitativas efectuadas, en particular para o ministerio francés da cultura. Logo coa participación na concepción e realización do proxecto cultural do parque de La Villette como director de Públicos e da Comunicación. E desde hai dous anos, como director da acción educativa e de públicos do Centro Pompidou. Tamén colaborou en varias misións de consello para o desenvolvemento de institucións culturais, en particular en Costa Rica e Ecuador.
Desde hai máis de 20 anos Vincent Poussou está comprometido coa renovación das relacións entre a cultura e o seu público. Inicialmente a partir do coñecemento adquirido coas enquisas cualitativas e cuantitativas efectuadas, en particular para o ministerio francés da cultura. Logo coa participación na concepción e realización do proxecto cultural do parque de La Villette como director de Públicos e da Comunicación. E desde hai dous anos, como director da acción educativa e de públicos do Centro Pompidou. Tamén colaborou en varias misións de consello para o desenvolvemento de institucións culturais, en particular en Costa Rica e Ecuador.
EILEEN ADAMS
Título da conferencia: Arte e medio
Nas súas funcións de profesora, pedagoga, investigadora, asesora, examinadora e autora, Eileen estivo á fronte de proxectos de investigación e desenvolvemento que puñan en relación a educación coa arte, o deseño e o ambiente construído. Os seus libros céntranse en temas tales como a colaboración interprofesional na área educativa, a participación da xente nova nos cambios ambientais, a arte pública e o colexio como contexto de aprendizaxe. Como asesora independente no Reino Unido, traballa na Campaña en prol do Debuxo, concibida para fomentar a utilización do debuxo como medio de aprendizaxe. Eileen é profesora visitante na Universidade de Middlesex, administradora da Comisión de Deseño para Gales e presidenta dos membros do consello na escola de primaria Eveline Lowe de Londres.
LARA ALMÁRCEGUI
Título da conferencia: Demolicións, descampados e autoconstrucións.
Lara Almarcegui (Zaragoza, 1972) vive e traballa en Róterdam. Desde 1999 os seus proxectos expuxéronse no Stedelijk Museum Bureau, Amsterdam; Witte de With, Rótterdam; Bienal de Pontevedra, de Turín, de Liverpool, de Werkleitz, Halle; Index, Estocolmo; FRAC Bourgogne, Dijon; Museo Kröller Müller, Aarnhem; etc... Recentemente (2006-07) realizou proxectos novos para a Bienal de São Paulo, de Sevilla; Festival de Arte Nórdica; Proxectos Frieze, Londres... Impartiu conferencias na Escola de posgrao de Arquitectura Berlage Insituut, Róterdam; Facultade de Arquitectura de Madrid. É profesora invitada na escola de posgrao de Ateliers de Amsterdam e no Instituto de Arte Holandesa de Enschede. Realizou varios proxectos no espazo público: Mapa de descampados de Ámsterdam, una guía de los lugares vacíos de la ciudad; Apertura de un descampado en Bruxelas; Hacer un descampado en el Puerto de Rotterdam, Restaurando el Mercado de Gros unos días antes de su demolición en San Sebastián; Demolición enfrente de la sala de exposiciones en Saint Nazaire; Demolición y apertura de jardín interior e Construyendo mi huerta urbana en Rotterdam; Hotel de Fuentes de Ebro, en Fuentes de Ebro e Arrancando el cemento de la fachada en Bruxelas.
Grupo SIVA
Colectivo formado en 2003 como grupo de montaxe para a instalación proxecto_procesos1 (CGAC, 2004) que levou ao contexto do museo, unha serie de traballos realizados na aula. Desde entón o grupo orientou o seu traballo en colaboración con asociacións e proxectos como ICAROS (Desastres estructurados, CTI,… 2003-2006), Baleiro-Zona (2005-2006), cara á exploración dos procesos creativos e á experimentación urbana, a través de organización de talleres e traballos participativos, en que a exploración de tipo laboratorio aberto se resolve desde a interacción de miradas cruzadas. En proxectos de resposta como Siet7 Negros (2006), Proyecto Desperdicio (2006-2007), Diario_indicaciones nulas (2007), intentan explorar e reflexionar sobre as capacidades do espazo urbano en relación coa percepción das diferentes realidades temporais, utilizando o vídeo como principal soporte para captar ese tempo interno da cidade.
RICARDO MARÍN
Título: Educación artística e cambio social.
Catedrático de Didáctica da Expresión Plástica no Departamento de Didáctica da Expresión Musical, Plástica e Corporal da Facultade de Belas Artes da Universidade de Granada.
Foi profesor das Universidades de Valencia, Barcelona e Complutense
de Madrid. Nos últimos anos publicou Utopías ácidas, (Universitat de Valencia, 2000), Equipo Crónica: Pintura, cultura, sociedad (Institució Alfons el Magnànim, Valencia, 2003), Didáctica da Educación Artística Pearson / Prentice Hall, Madrid, 2003), Investigación en Educación Artística (Universidades de Sevilla e
Granada, Granada, 2005).
XABIER TOUBES
Título: EKWC como unha posibilidade de crear coñecemento continuo.
De 1983 a 1993 foi profesor de arte na Universidade de Carolina do Norte en Chapell Hill. En 1989 activa a creación do European Ceramic Work Centre (EKWC) en ´s - Hertogenbosch, Paises Baixos, onde foi o seu director artístico dende 1991 ate 1999.
2004 - 2007 External Examiner no Royal College of Art, Londres.
Actualmente, e dende 1999, é profesor de arte na School of The Art Institute of Chicago.
Durante os meses de Xullo e Agosto, o CGAC amosa unha exposición individual da súa obra recente.
Mª XESÚS AGRA PARDIÑAS
Doutora en Belas Artes pola Universidade Complutense de Madrid, desenvolve o seu traballo como Profesora Titular de Didáctica da Expresión Plástica na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela.
Centra o seu interese profesional na análise da relación Arte- Educación e a súa implicación no ámbito da formación do profesorado. Neste ámbito, pertence ao grupo de investigación LITER21 da Universidade de Santiago, con proxectos subvencionados pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e polo MEC.
A súa liña de imverstigación máis recente enmárcase en torno a proxectos - proceso de aprendizaxe artístico e como as novas tendencias da Arte Contemporánea deben ser tidas en conta na Educación Artística. Neste contexto coordina, xunto con Cristina Trigo (responsable do servizo de educación do CGAC) o grupo de investigación e acción PASEANTES, de marcado carácter interdisciplinar, coa finalidade de atopar estratexias para actuar e incidir na Educación Artística desde diversos contextos educativos.